Concurso de Coñecementos Financeiros
Xov, 05/04/2018 - 14:12

Concurso de Coñecementos Financeiros para os centros inscritos no Programa de Educación Financeira. A inscrición ao devandito Programa realízase a través do seguinte formulario online.

O Concurso consistirá en dúas fases:

  • Fase online: do 7 ao 18 de maio, a través dun test de coñecementos (Reto FxM)
  • Fase presencial: semifinais e a final.

O lugar de celebración das semifinais, dependerá da localización dos centros que pasen á devandita fase e a final será o día 1 de outubro en Madrid, que coincidirá coa celebración do Día da Educación Financeira.

O prazo de inscrición finaliza o próximo 20 de abril.