Cursos on line de formación para docentes do programa “Creando Código”
Xov, 05/04/2018 - 11:35

Cursos on line de formación para docentes do programa “Creando Código”

“Creando Código” é unha comunidade de aprendizaxe dentro de ScolarTIC (https://www.scolartic.com/inicio) orientada á formación en programación e robótica.

Este ano ofrece itinerarios formativos homologados como formación permanente do profesorado para os docentes de Galicia.

Só se certificarán itinerarios realizados de forma completa e nunca de xeito parcial.

 

 

 

Itinerarios formativos:

  • Introdución á programación e a robótica. Nivel básico. (100 horas)

    • Introdución á programación. Nivel básico (20 horas)

    • Introdución á programación con Processing (40 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte I (30 horas)

    • Crea e experimenta a realidade virtual e a realidade aumentada (10 horas)

  • Programación e robótica. Nivel avanzado. (90 horas)

    • Introdución á programación. Nivel avanzado (30 horas)

    • Introdución á programación con HTML5 e Java (20 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte II (30 horas)

    • Crea e experimenta a realidade virtual e a realidade aumentada (10 horas)

  • Bases metodolóxicas para a programación e a robótica. Nivel básico. (90 horas)

    • Introdución á programación. Nivel básico. (20 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte I. (30 horas)

    • Aprendizaxe baseado en proxectos. (40 horas)

  • Bases metodolóxicas para a programación e a robótica. Nivel avanzado. (100 horas)

    • Introdución á programación. Nivel avanzado (30 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte II (30 horas)

    • Aprendizaxe baseado en proxectos (40 horas)

  • Bases metodolóxicas para a programación con código e robótica. Nivel Básico (100 horas)

    • Introdución á programación con processing. (40 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte I (30 horas)

    • Aprendizaxe baseado en proxectos (30 horas)

  • Bases metodolóxicas para a programación con código e robótica. Nivel avanzado. (90 horas)

    • Introdución á programación con HTML5 y Java. (20 horas)

    • Robótica. Conectando co mundo físico. Parte II (30 horas)

    • Aprendizaxe baseado en proxectos. (40 horas)

Nos arquivos anexos poden descargarse:

  • Información máis detallada sobre cada un dos itinerarios

  • Guías de cada parte de cada un dos itinerarios poden descargarse dos arquivos anexos.

Para inscribirse: podes apuntarte a través deste formulario