×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Mar, 10/04/2018 - 08:45

Xúntase a Resolución do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación, convocado pola Orde do 3 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro).

De acordo co establecido na base décimo sexta da Orde do 3 de novembro de 2017, pola que foi convocado concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería, o persoal concursante poderá formular, con carácter postestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Menú Advertisement

Concurso de traslados

Sen términos