Interinidades e substitucións

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listaxes de interinidades e substitucións de francés; cociña e pastelaría, equipos electrónicos e mecanizado e mantemento de máquinas; italiano e portugués; e piano, trompa e trompeta
Lun, 12/03/2018 - 10:30

Resolución do 12 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de cociña e pastelaría (591201), equipos electrónicos (591202) e mecanizado e mantemento de máquinas (591211); no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidades de italiano (592012) e portugués (592015); e no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de piano (594423), trompa (594427), e trompeta (594428).