Título node Learning object

Estancias Profesionais
Ven, 09/03/2018 - 14:31

Ven de ser publicada a Resolución do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan axudas destinadas a docentes para realizar unha estancia profesional durante o curso lectivo 2018-2019.

Toda a información dispoñible respecto diso atópase nesta ligazón.

As estancias son visitas de dúas semanas que se poden realizar entre outubro de 2018 e agosto de 2019. Durante este período, os docentes observan clases no centro de acollida, participan en reunións, colaboran co claustro en actividades escolares ou extraescolares e familiarízanse coa xestión académica e administrativa do centro de acollida.

Este programa ten como obxectivos fomentar un mellor dominio das linguas estranxeiras, o intercambio de boas prácticas docentes,  promover unha maior apreciación da diversidade cultural europea e propiciar proxectos conxuntos entre a comunidade educativa do ámbito europeo.

Para coñecer as experiencias que se levaron a cabo pódese consultar o seguinte  blogue.