Adxudicación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

Mar, 20/02/2018 - 13:05

De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 3 de novembro de 2017 foi convocado concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

  • O prazo para reclamacións e renuncias, é o comprendido entre o día 21 de febreiro e o 2 de marzo, ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base sexta da orde, eremitiranse, ademais, por correo electrónicoa:

persoal.primaria@edu.xunta.es

De acordo coa base segunda, se a praza adxudicada  é un centro de orientación compartido, poderá consultar se ten centros compartidos e/ou adscritos no Anexo II da Orde do 3 de novembro pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.