Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2018

Mar, 20/02/2018 - 09:42

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia nº 210, do 6 de novembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

O prazo para reclamacións e renuncias, é o comprendido entre o día 21 de febreiro e o 2 de marzo, ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda da orde e remitiranse ademais por correo electrónico a:

Primaria: correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es.

Secundaria: correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es

Pode consultarse a adxudicación provisional na aplicación https://www.edu.xunta.es/cxt/ (Listaxe concurso > Listaxe de resolución)

PDF icon Orde do 24 de outubro de 2017 (DOG)PDF icon Instrucións do concurso de trasladosPDF icon Resolución do 20 de novembro: Vacantes provisionaisPDF icon Vacantes provisionais do corpo 555-Inspectores de Educación (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 590-Profesores de ensino secundario (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 591-Profesores Técnicos de F.P. (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 592-Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 594-Profesores de Música e Artes Escénicas (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 595-Profesores de Artes Plásticas e Deseño (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 596-Mestres de Taller de Artes Plásticas e Deseño (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 597-Mestres (actualizado o 21/11/2017)PDF icon Resolución do 29 de novembro de 2017: Composición da comisión avaliadora (DOG)PDF icon Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de trasladosPDF icon Listaxe provisional de excluídos de primariaPDF icon Listaxe provisional de excluídos de secundaria PDF icon Resolución do 2 de abril de 2018: Vacantes definitivasPDF icon Vacantes definitivas do corpo 555-Inspectores de EducaciónPDF icon Vacantes definitivas do corpo 590-Profesores de ensino secundarioPDF icon Vacantes definitivas do corpo 591-Profesores Técnicos de F.P.PDF icon Vacantes definitivas do corpo 592-Profesores de Escolas Oficiais de IdiomasPDF icon Vacantes definitivas do corpo 594-Profesores de Música e Artes EscénicasPDF icon Vacantes definitivas do corpo 595-Profesores de Artes Plásticas e DeseñoPDF icon Vacantes definitivas do corpo 596-Mestres de Taller de Artes Plásticas e DeseñoPDF icon Vacantes definitivas do corpo 597-MestresPDF icon Resolución do 6 de abril: Resolución definitiva do concurso de trasladosPDF icon Anexo I - Resolución definitiva cxt primaria PDF icon Anexo II - Resolución definitiva cxt secundariaPDF icon Anexo III - Expectativa destino primariaPDF icon Anexo IV- Expectativa destino secundariaPDF icon Anexo V - Relación excluídos primaria concurso traslados 2018PDF icon Anexo VI - Relación excluídos secundaria concurso traslados 2018PDF icon Resolución do 6 de abril de 2018: Resolución definitiva do concurso de traslados (DOG)PDF icon Instrucións da toma de posesión