Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/2017

Xov, 15/02/2018 - 09:03

Xúntase a Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.