Distintivo de calidade de centros docentes Selo de Vida Saudable
Ven, 09/02/2018 - 12:22

Descrición

Recoñecemento público dos centros docentes, tanto públicos como privados sostidos con fondos públicos e privados, que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización dos alumnos.

Destinatarios

Calquera centro docente, tanto público como privado sostidos con fondos públicos e privado, que asuma un compromiso firme e inequívoco co desenvolvemento e mellora da calidade educativa e da saúde.

Requisitos

Todos os traballos que se presenten, irán acompañados da documentación que se indica no formulario de solicitude.

As solicitudes deberán acompañarse do informe favorable da Consellería de Educación da correspondente Comunidade Autónoma na que se atope o centro ou das Direccións Provinciais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no seu ámbito de xestión.

Deberá presentarse unha memoria técnica que describa o cumprimento dos requisitos previstos na presente orde.

Prazo de presentación

Desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2018