Encontre a súa información...

Festival Olloboi 2018
Ven, 09/02/2018 - 11:37
Festival Olloboi

Volve o Olloboi!

Pódense enviar curtas escolares elaboradas por alumnado/profesorado de todas as etapas educativas. Na páxina web olloboi.com pódense atopar as bases desta edición así como recursos para elaborar unha peza.

Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque) e á mellor de Ensino Superior (Plus 18). Ademais, entregaranse premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte.

A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi.

Prazo de inscrición desde o 3 de febreiro ata o 30 de abril.