XXVII Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil e Xuvenil para centros escolares, curso 2017/2018
Ven, 02/02/2018 - 20:04

Descrición

Patrimonio Nacional convoca o Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares, cuxo tema serán os interiores e/ou exteriores dos monumentos, xardíns históricos  e  fontes  de Patrimonio Nacional así como de todos aqueles palacios, residencias, catedrais e fundacións relixiosas vinculadas historicamente á Coroa española.

Destinatarios/as

Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria (EP), e 1º e 2º de ESO procedentes de centros públicos, concertados, privados e de educación especial, situados dentro do territorio nacional.

 

Prazos

  • Inscrición: ata o venres 16 de marzo de 2018, inclusive.
  • Presentación dos traballos: ata o venres 13 de abril de 2018, inclusive.

Ha de enviarse o boletín de inscrición debidamente cumprimentado polo centro escolar á dirección de correo electrónico: concursopintura@patrimonionacional.es