Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de francés; cociña e pastelaría, equipos electrónicos e mecanizado e mantemento de máquinas; italiano e portugués; e piano, trompa, trompeta e linguaxe musical
Lun, 29/01/2018 - 10:19

Xúntase a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de cociña e pastelaría (591201), equipos electrónicos (591202) e mecanizado e mantemento de máquinas (591211); no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidades de italiano (592012) e portugués (592015); e no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de piano (594423), trompa (594427), trompeta (594428) e linguaxe musical (594460).

  • O prazo para formular solicitudes é o comprendido entre os días 30/01/2018 e o 05/02/2018, ambos incluídos.