Título node Learning object

IES Terra de Turonio: Regularizando o uso das plataformas e-aprendizaxe
Ven, 26/01/2018 - 13:47
IES Terra de Turonio: Regularizando o uso das plataformas e-aprendizaxe

É un feito evidente que o uso das plataformas de xestión de aprendizaxe , mellor coñecidas como LMS, incrementouse nestes últimos anos. Con todo, queda un longo camiño para regularizar o seu uso e aplicar todo o seu potencial nas clases.

Moitas son as causas para que ou profesorado tente de usalas na aula como medio fundamental do aprendizaxe pero entre elas destaca unha: “A estupenda acollida que ten este medio no noso alumnado”.

Dende a miña experiencia nunca me atopei cun alumno que rexeitará esta nova canle de coñecemento. Ao contrario, alumnado con falta de interese pola materia amosaba un aumento tanto na súa concentración na aula como na súa dedicación á materia. Este dato non é nada que nos chame a atención posto que temos ante nós mozos e mozas que naceron e teñen absorbido no seu ser unha cultura dixital que non se lles pode eliminar ao chegar á aula.

Agora ben, cal é entón o problema para que o profesorado non faga das LMS o seu soporte diario de clase?. Entre moitos factores (falta de tempo, instalacións precarias, velocidade da internet….), penso que hai unha que predomina entre as demais, refírome á complexidade de uso . O profesorado loitamos tódolos días con aprender a usar moito software e apps para as nosas clases que fagan ca nosa materia sexa máis doada de comprender e próxima á vida cotiá.

Pero este non é o caso da plataforma AGUEIRO. Un pode empezar coa plataforma dende o minuto un. AGUEIRO ten unha característica que a diferenza doutras plataformas ou software de aprendizaxe e é a FACILIDADE de USO. A plataforma amósase limpa, eficaz e instantánea para traballar nun contorno interactivo.  Así pois , esta característica fixo que a propuxese ao meu IES como o medio ideal para achegar coñecementos ó alumnado.

 

Menús Learning object node R