Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2018/2019. Solicitude de novos/as candidatos/as
Mar, 16/01/2018 - 11:04
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2018/2019. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.
 
Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Portugal, Reino Unido e Suecia (inglés).
  • Prazo aberto ata o 6 de abril de 2018.

Ligazón á convocatoria: https://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998188/ficha.html

Información:
Consultas xerais: 91 506 57 16.
Auxiliares da Unión Europea (excepto os indicados abaixo): 91 506 55 96 / 91 506 55 75.
Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Bulgaria, Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos e Suecia: 91 506 56 40.
Horario de atención telefónica: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.

Enderezos electrónicos:
Auxiliares de Alemaña, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido:auxiliares.conv@mecd.es
Auxiliares de Australia, Bélxica (inglés), Bulgaria, Canadá, China, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos e Suecia: auxiliares.extra@mecd.es
Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@mecd.es