Encontre a súa información...

O profesorado de todos os CRAs de Galicia reciben formación sobre “Escolas na Nube”
Lun, 15/01/2018 - 12:18

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) puxeron a disposición de todos os Colexios Rurais Agrupados de Galicia “Escolas na Nube”, un proxecto de innovación educativa que tenta desenvolver unha contorna de colaboración e aprendizaxe en comunidade, baseada en servizos ‘cloud’ e software aberto.