APTIS para profesorado (British Council)
Ven, 12/01/2018 - 12:50

Ofértanse prazas de certificación en lingua inglesa dos niveis A2 ata C1 do MECRL para acreditar a competencia en idioma inglés do profesorado para impartir na lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos.

As certificacións que se obteñen en caso de superar estas probas figuran na Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería.

Código da actividade G1702035

Número de prazas: 90

Inscrición e información en Fprofe www.edu.xunta.es/fprofe