A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá as actividades no exterior na Mariña e zona Noroeste da Coruña

Non se suspende a actividade lectiva nin o transporte escolar
Mar, 09/01/2018 - 18:37

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos das zonas meteorolóxicas da Mariña lucense e do Noroeste da Coruña, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa. 

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf).