Encontre a súa información...

Concurso Odisea 2017 XII Concurso de cultura clásica
Xov, 14/12/2017 - 10:45
logo

Desde o ano 2006 a sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) organiza o concurso Odisea, un concurso en liña sobre cultura clásica. En cada edición elíxese un tema e selecciónanse unhas preguntas relacionadas cos currículos de Cultura Clásica, Latín e Grego que se imparten en secundaria. O tema do concurso en 2018 é “A morte en Grecia e Roma”. O concurso ten dúas fases: a primeira (autonómica) e a segunda (estatal) onde compiten os vencedores de cada autonomía ou sección.

 

Inscrición: do 4/12/2017 ao 31/01/2018.
Data do concurso: 5, 6, 7 e 8 de febreiro de 2018 (primeira fase)
                            21 de febreiro e 1 de marzo de 2018 (desempate local e fase final estatal respectivamente).

Para obter máis información pódese consultar a ligazón ao concurso.