Encontre a súa información...

Lecturas contra a violencia de xénero
Ven, 10/11/2017 - 12:47
logo

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para contribuír a traballar contra a violencia machista, iremos compilando aquí unha serie de recursos de interese para facilitar o traballo do persoal docente:

  • · selección de obras das maletas de Igualdade: nesta selección ofrécense lecturas para abordar distintos temas dentro do ámbito da igualdade; entre elas ofrécense tamén algunhas suxestións para traballar a violencia contra as mulleres. Véxase a nova publicada no Boletín. No pé da nova figura un documento coa listaxe das lecturas recomendadas.
  • · espazo web de Bibliotecas escolares onde se compilan recursos para traballar en primaria e secundaria.
  • · biblioteca de Igualdade e Feminismo na Biblioteca do IES Laxeiro (Lalín); esta web contén unha selección de recursos excepcional para traballar o campo da igualdade. Dentro desta selección hai moitos volumes adecuados para traballar a violencia de xénero.
  • · publicación Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero (2015), coordinado pola profesora Gracia Santórum. Trátase dunha publicación realizada polo alumnado do IES Laxeiro (Lalín) na que se conxuga a poesía e a arte visual para denunciar a violencia de xénero.
  • · guía de recursos (libros e películas) do portal "Vida sin violencia".
  • · páxina de recursos didácticos do STEG, onde tamén atoparedes propostas didácticas concretas para traballar o 25N.