L1701016 - Aprender a pensar a través do diálogo

Actividade a desenvolver no primeiro trimestre do 2018 no CFR de Lugo, dirixida a todos os corpos e especialidades.
Mar, 31/10/2017 - 18:29
Aprender a pensar a través do diálogo
Aprender a pensar a través do diálogo

As competencias profesionais docentes a desenvolver son as seguintes:

  • Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.
  • Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Orientación pedagóxica e atención á diversidade.

Obxectivos

  1. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomentan estratexias para desenvolver as habilidades de pensamento en ambientes culturais variados.
  2. Xerar oportunidades para favorecer nas aulas a aprendizaxe dialóxica, fomentando a creatividade, a tolerancia e o espírito crítico.
  3. Valorar a dimensión emocional dos procesos de aprendizaxe e ensino.

Contidos

  1. Xogar a pensar. Percibir, sentir e pensar para aprender.
  2. As habilidades de pensamento. Estratexias para o seu desenvolvemento.
  3. O diálogo como ferramenta de aprendizaxe. Aprendizaxe dialóxica.
  4. Saber, saber facer, saber ser. As competencias clave.
  5. A dimensión emocional da aprendizaxe.

Datas:

13, 15, 20 e 22 de marzo
5, 8 e 18 de abril

Profesorado relator
María Carmen Loureiro López
María Angélica Lucas Sátiro
Javier Francisco Rouco Ferreiro
Mª Teresa Iglesias Polo

No curso creado na aula virtual do CFR de Lugo accederase á documentación e á información detallada da actividade:
https://goo.gl/ojS2Be
Asesora: Marta Arias López
Contacto: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es

Ligazón á ficha da actividade en fprofe: https://goo.gl/aqfR1M