Título node Learning object

Congreso sobre xuventude e consumo
Ven, 27/10/2017 - 13:45
logo

A Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios da Coruña organiza o seu III Congreso Internacional dedicado aos hábitos de consumo da xente nova. No congreso abórdanse temáticas moi diversas: consumo; trastornos alimentarios; sexualidade; fracaso, acoso e convivencia escolar; alcol e drogas; internet e redes sociais.

Datas: mércores 8, xoves 9 e venres 10 de novembro de 2017
Lugar: salón de actos de Afundación. Cantón Grande 8, A Coruña

Para realizar a inscrición e obter máis información pódense consultar os documentos anexos.