Encontre a súa información...

 
Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia. Plan de Emerxencia-Evacuación
Aberto o prazo de inscrición para o curso Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia, que ten como obxectivo elaborar o Plan de Emerxencia-Evacuación do centro.
Ven, 27/10/2017 - 11:45
Plan de emerxencia-evacuación
Plan de emerxencia-evacuación

Aberto o prazo de inscrición para o curso Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia, que ten como obxectivo elaborar o Plan de Emerxencia-Evacuación do centro. O prazo de inscrición finaliza o 5 de novembro.

Obxectivos:

1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.

2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.

3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.

Horas: 30 horas.

Modalidade: Na Rede, en PLATEGA

Datas: Do 14 de novembro ao 21 de decembro 2017.

Observacións: Para acadar unha maior cobertura formativa establecerase como obxectivo específico de selección o límite dunha persoa seleccionada por centro. Non repetirán centros da pasada edición. Criterios xerais do Plan Anual de Formación.