Erasmus+2018
Ven, 27/10/2017 - 11:28

A Comisión europea ven de publicar a convocatoria Erasmus+2018 para accións de educación, formación, xuventude e deporte. Os prazos para proxectos relativos á educación e formación son:

Acción KA1, de mobilidades: 1 de febreiro de 2018.

Acción KA2 de asociacións estratéxicas: 21 de marzo de 2018.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dar a coñecer o programa marco Erasmus+, organiza a través do CAFI a actividade de formación do profesorado G1702009, na que se poden inscribir todos os interesados/as.

Dita actividade terá lugar o sábado 25 de novembro de 2017.

Máis información: http://sepie.es/doc/convocatoria/2018/convocatoria_es.pdf