Bolsas

Axudas de mobilidade para o profesorado de centros que forman parte do Consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA101 do Programa Erasmus+ curso 2017/2018. Proxecto: Multilingüísmo: A aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa
Lun, 09/10/2017 - 09:09

Axudas de mobilidade para o profesorado de centros docentes sostidos con fondos públicos que forman parte do Consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA101 con múltiples beneficiarios no marco do Programa ERASMUS+, durante o curso 2017-2018. Proxecto titulado: Multilingüísmo: A aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa”.

Apróbanse as bases reguladoras e convócanse 64 axudas de mobilidade para o profesorado dos centros educativos que forman parte do Consorcio de mobilidades que ten concedido a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Programa Erasmus+, para realizar durante o curso 2017-2018.

Só poderá pedir o profesorado destinado durante o curso 2017-2018 nos centros educativos que forman parte do Consorcio de mobilidades e que se indican a continuación:

  • CEIP A Laxe
  • CEIP A Solaina
  • CEIP de Esteiro
  • CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
  • CPI As Mirandas
  • CPI do Feal
  • CPI Virxe da Cela
  • CPR Plurilingüe Valle-Inclán
  • CPR Santiago Apostol
  • IES As Telleiras
  • IES Cabo Ortegal
  • IES Castro da Uz
  • IES de Catabois
  • IES de Fene
  • IES Fernando Esquío
  • IES Fraga do Eume
  • IES Saturnino Montojo
  • IES Sofía Casanova

O prazo para solicitar as axudas remata o día 24 de outubro de 2017.