Valentín García clausura en Vigo a Xornada Saúde e Autismo

Xov, 05/10/2017 - 20:39
Valentín García clausura en Vigo a Xornada Saúde e Autismo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou hoxe ao mediodía no Centro Social Abanca vigués a Xornada Saúde e Autismo, nunha sesión na que tamén se presentou o núm. 21 da revista Maremagnum​, que editan a Fundación Menela-Rede de Servizos para o Autismo e a Dependencia e mais a asociación Autismo Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.