Técnicas de instrumentación con orquestra escolar

Ampliada a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, bacharelato).
Lun, 25/09/2017 - 10:28
Instrumentación con orquestra escolar
Instrumentación con orquestra escolar

Ampliada ata o 1 de outubro a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, Bacharelato).

Este curso pretende axudar ao profesorado na utilización da orquestra escolar mediante a elaboración e edición de arranxos musicais e outros recursos (improvisación, contos musicais, contos mimables...) dirixidos á aprendizaxe do maior número de contidos a través da práctica instrumental e vocal.

Os datos do curso son os seguintes:

  • Data de comezo: 16 de outubro
  • Data de finalización: 27 de novembro
  • Horas: 30 horas
  • Prazas: 50
  • Inscrición: Ata o 1 de outubro en Fprofe
  • Plataforma de celebración: Platega2