Permutas

Ábrese o prazo para solicitar intercambios provisionais de destino para o profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
Ven, 08/09/2017 - 11:05

Pola Orde do 17 de xuño de 2017 regúlanse os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co que establece no seu artigo 4, o prazo de presentación de solicitudes será de catro días dende o seguinte ao da publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais; para o curso 2017/2018, o prazo é o comprendido entre o 08/09/2017 e o 13/09/2017, ambos incluídos.