Ofértanse 49 cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios do Celga nas EOIs de Galicia
A formación será totalmente gratuíta e impartiranse entre setembro de 2017 e maio de 2018
Sáb, 26/08/2017 - 12:00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a convocatoria dun total de 49 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia, nomeadamente de Linguaxe Administrativa Galega –un total de 14 nas modalidades presencial e en liña, nivel medio e superior– e 35 cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga). Todos eles impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia e teñen carácter gratuíto.

A formación dividirase en dous cuadrimestres e estenderase entre setembro de 2017 e maio de 2018, en horario de mañá ou de tarde. O prazo para presentar as solicitudes abranguerá desde o vindeiro día 1 ata o 10 de setembro para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018 para os do segundo cuadrimestre.

As persoas que desexen participar nesta convocatoria –cuxos detalles poden consultarse no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170817/AnuncioG0164-040817-0004_gl.html deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslingua-galega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.

Requisitos

Poderán beneficiarse da formación en Linguaxe Administrativa Galega, en xeral, o persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, agás as excepcións indicadas na convocatoria.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa os aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria. No caso do curso superior, deberán contar con algún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

Os cursos preparatorios do Celga están dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

A oferta formativa queda recollida no seguinte cadro:

 

 

EOI da Coruña

EOI de Ferrol

EOI de Santiago

EOI de Lugo

EOI de Pontevedra

EOI de Vigo

EOI de Ourense

 Linguaxe Administrativa Galega Presencial

 

 

 

 

- 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

 

 

- 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

 

 

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 2º cuadrimestre

 

Linguaxe Administrativa Galega en liña

- 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 2º cuadrimestre

 

 

 

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

- 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

 

- 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

 

Celga 1

 

 

 

 

 

-2 cursos no 1º cuadrimestre

 

 

Celga 2

 

 

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

 

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

-2 cursos no 2º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

Celga 3

 

-2 cursos no 1º cuadrimestre

 

-1 curso no 1º cuadrimestre

-2 cursos no 2º cuadrimestre

 

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

 

 

Celga 4

 

- 2 cursos no 2º cuadrimestre

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre

 

-1 curso no 1º cuadrimestre

-2 cursos no 2º cuadrimestre

-2 cursos no 1º cuadrimestre

-2 cursos no 2º cuadrimestre

-1 curso no 1º cuadrimestre

-1 curso no 2º cuadrimestre