Destinos provisionais e outros concursos

Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos..
Lun, 31/07/2017 - 17:35

Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais  para o curso académico 2017/18, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS E RENUNCIAS:

  • O prazo de reclamacións e renuncias comeza o día 1 de agosto de 2017 e remata o día 2 de setembro, ambos incluídos.
  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Dirección Xeral de Centros e  Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela , ademais de por vía ordinaria, por:

 correo electrónico a:   persoal.secundaria@edu.xunta.es