Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Puntuacións definitivas e relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto, Clarinete e Percusión

Xov, 20/07/2017 - 07:40

Anuncio do 11 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e da relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422) (anuncio de apertura de prazo do 15 de marzo de 2017, Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo).