Título node Learning object

I Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca
Lun, 05/06/2017 - 09:02
Logo

Información

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Concello de Cuntis na convocatoria deste premio, que ten como obxectivo homenaxear unha figura sobranceira da cultura galega polas súas contribucións ao ámbito da escola, da etnografía, da literatura e do patrimonio.

Requisitos

Os traballos que se presenten deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos e a súa extensión non será superior a 30 folios, versarán sobre os ámbitos das ciencias sociais e das humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.) de temática galega e terán que supoñer unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas mencionadas.
    
Participantes

Persoas maiores de 18 anos.

Premio

Premio único de 1500 euros.

Prazo de presentación de proxectos

Ata o 29 de setembro de 2017.

Bases

http://www.concellodecuntis.es/attachments/article/714/BOPPO%2029%20de%20maio%20de%202017.pdf