Título node Learning object

Taller de recursos didácticos. A biodiversidade no espazo mineiro restaurado de As Pontes
Ven, 02/06/2017 - 10:43
Logo

Datos de interese

Datas: 4 e 5 de xullo de 2017, de 10:00-14:00 h e 15:00-19.00 h

Lugar: Espazo restaurado das Pontes (Punto de encontro: parquing de Central de Ciclo Combinado de ENDESA, As Pontes)

 

Número de prazas: 25 (selección por vinculación e orde de inscrición)

Información xeral

Curso gratuíto, financiado por Fundación Endesa e homologado pola CCEOU.

O desenvolvemento do curso enmárcase no programa ENDESA EDUCA, ao amparo dun convenio entre a Fundación ENDESA e a USC. Colaboran: a) Master de Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza e b) Proxecto LANDCARE (http://landcare.es/)

Participantes

Persoas formadoras en educación ambiental, agricultura e/ou biodiversidade.

Obxectivos

  • Que as persoas asistentes poidan deseñar e organizar actividades de educación ambiental co seu propio alumnado no espazo restaurado das Pontes.
  • Elaborar materiais didácticos relacionados coa biodioversidad que poidan empregarse en con os estudantes dos centros educativos.
  • Coñecer as técnicas de restauración de espazos degradados, especialmente dos espazos mineiros.

Inscrición

http://restauraspontes.es

Contido

  • Introdución á restauración de espazos degradados
  • O papel do chan na restauración
  • Os sistemas acuáticos e humidais
  • A revegetación e formacións vexetais
  • A fauna en espazos mineiros restaurados
  • Deseño e avaliación de propostas didácticas sobre biodiversidade e a restauración de ambiental. Os asistentes ao curso deseñarán actividades de formación concretas que poderán ser desenvolvidas coas súas propios estudantes en posteriores visitas.

Desenvolvemento das sesións

As sesións serán eminentemente prácticas e colaborativas. Inclúen sesións de campo e aula nos que se realizan e debaten actividades didácticas relacionadas co estudo da biodiversidade.

Persoas que impartirán o curso

Persoal da Universidade de Santiago de Compostela (Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), Profesores do IES Moncho Valcarce (As Pontes) e do IES Lucus Augusti (Lugo) e Técnicos de Endesa. Coordinador: Agustín Merino

Contacto

educaaspontes@gmail.com