Voluntariado europeo en Faenza, Italia
Ven, 19/05/2017 - 10:54
Logo

Descrición

A Omix de Ribadavia busca persoas voluntarias de 18 a 30 anos de idade, de mente aberta, ansiosas de aprender e motivadas para apoiar as actividades do proxecto que se describe nesta ligazón:

https://greenteaway.files.wordpress.com/2017/05/growingby-learning.pdf

Prazo de solicitude

Ata o domingo 4 de xuño de 2017.

Datas do voluntariado

De setembro de 2017 a agosto de 2018.

Requisitos

  • As persoas voluntarias deben estar motivadas para apoiar actividades dirixidas, especialmente a mocidade, persoas anciás e líderes sociais nun contexto de educación non formal, así como en actividades de animación e na preparación de obradoiros para axudar aos grupos destinatarios a participar na vida pública e social das súas comunidades.
  • O obxectivo é que as persoas voluntarias melloren as súas habilidades, que estean abertas a experimentar e que aprendan a organizar actividades e proxectos para a comunidade.

Máis información

OMIX de Ribadavia, Nova Casa da Xuventude, Rúa Porta Nova de abaixo, 9

988 471 929

omix.ribadavia@gmail.com

http://www.omixribadavia.wordpress.com