Un total de 14.449 persoas inscribíronse nas oposicións da Consellería de Cultura e Educación
As probas comezarán o vindeiro 24 de xuño
Ven, 19/05/2017 - 10:09

Un total de 14.449 persoas constan como inscritas nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres  da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As probas, de acordo coa planificación de convocatorias anteriores, comezarán o vindeiro 24 de xuño, de tal forma que as persoas que se incorporen á función docente poidan facelo xa para inicio do curso 2017/18.

Do total dos inscritos, 7467 fixérono nas especialidade de mestre e outros 6113 nas de ensino secundario. Nas especialidades de profesores técnicos de FP inscribíronse 823 persoas, e nas de música e artes escénicas outras 46. Por especialidades, os datos son os seguintes:

 

Profesores de ensino secundario

 

Lingua Castelá e Literatura

745

Xeografía e Historia

936

Matemáticas

713

Física e Química

591

Bioloxía e Xeoloxía

641

Inglés

858

Educación Física

361

Lingua Galega e Literatura

590

Análise e Química Industrial

102

Asesoría e Imaxe Persoal

139

Hostalaría e Turismo

246

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

191

TOTAL

6113

 

Profesores técnicos de FP

 

Cociña e pastelería

109

Equipos Electrónicos

177

Laboratorio

146

Mantemento de vehículos

162

Sistemas e Aplicacións Informáticas

229

TOTAL

823

 

Mestres

 

Educación Infantil

2550

Lingua estranxeira: Inglés

565

Lingua estranxeira: Francés

139

Educación Física

577

Música

366

Pedagoxía Terapéutica

864

Audición e Linguaxe

540

Educación Primaria

1866

TOTAL

7467

 

Profesores de Música e Artes Escénicas

 

Acordeón

1

Clarinete

2

Guitarra

6

Frauta Traveseira

1

Óboe

1

Piano

15

Viola

2

Violín

4

Violoncello

2

Linguaxe Musical

12

TOTAL

46