Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Corrección de erros na listaxe provisional de admitidos e excluidos das axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculados nas universidades do SUG curso 2016/2017

Lun, 24/04/2017 - 16:52

Nas listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas de axudas para o alumnado universitario de segundo e posteriores cursos (procedemento ED441D) que foron expostas o 6 de abril de 2017, no motivo de exclusión 10.3, facíase referencia ao curso 2014/2015 en relación coa porcentaxe de créditos superados en vez de ao curso 2015/2016 tal e como se dispón no artigo 3 e) da Orde do 15 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/2017.

Na súa consecuencia, procédese a corrección do erro material detectado quedando o motivo de exclusión 10.3 redactado como segue:

Non cumprir o artigo 3 apartado e) Ter superado no curso 2015/2016 a seguinte porcentaxe de créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:

- En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas( enxeñaria ou arquitectura), igual ou superior ao 60% 3 menor do 65%.

- En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80% e menos do 90%.

Para as persoas afectadas por este motivo de exclusión amplíanselles en 3 días o prazo de reclamación para emendar o erro ou a falta de documentación.

  • Prazo presentación da documentación do 25 ao 28 de abril.