Título node Learning object

Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2017. XXX Convocatoria A Coruña
Lun, 24/04/2017 - 13:19
Logo

Descrición

Os traballos presentados estarán dirixidos ao público en xeral e versarán sobre calquera tema en relación coas ciencias, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

Convoca

Museos Científicos coruñeses.

 

 

Prazo

Ata o 31 de xullo de 2017 (ata o 30 de xuño para a modalidade de Libro editado)

Dotación dos premios

  • Vídeo: Prisma de Bronce e 4.000 euros
  • Web/Redes sociais: Prisma de Bronce e 4.000 euros
  • Texto inédito: Prisma de Bronce + 4.000 euros + edición e publicación
  • Artigo xornalístico: Prisma de Bronce + 4.000 euros
  • Radio: Prisma de Bronce e 4.000 euros
  • Libro editado: Prisma de Bronce para a editorial
  • Premio Especial do Xurado: Prisma de Bronce e 4.000 euros

MODALIDADES

Prisma a vídeos

  • Ao mellor traballo en vídeo de divulgación científica entre todos os presentados.
  • Poderán optar ao Prisma as persoas autoras de traballos realizados en formato vídeo. Todos os traballos serán orixinais e deberán presentarse nun soporte dixital. Os vídeos poderán presentarse en formato DVD ou en arquivos informáticos tipo MP4, AVI ou MKV.

Prisma a sitios web e redes sociais

  • Ao mellor sitio web/perfil en redes sociais dedicado á divulgación científica.
  • Os sitios web/redes sociais deberán estar dispoñibles para ser consultados desde o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2017, debendo comunicarse calquera cambio de dirección destes durante o devandito período.

Prisma a textos inéditos

  • Ao mellor texto orixinal e inédito de divulgación científica.
  • A extensión mínima dos traballos será de 220.000 caracteres (sen espazos), ou o seu equivalente de 120 páxinas tamaño A4 escritas a dous espazos. Presentaranse dúas copias impresas en papel, que irán asinadas pola persoa ou persoas autoras. Tamén se poderá participar baixo pseudónimo, nese caso será indispensable que o texto vaia acompañado dun sobre pechado onde conste nome e apelidos, domicilio, teléfono e correo electrónico da persoa ou persoas autoras.

Prisma a libros editados

  • Ao mellor libro de divulgación científica publicado en España, que se outorgará á editorial.
  • Poderán optar todos os libros editados e publicados en España durante o ano 2016. Os libros poderán ser presentados polas editoriais ou polas persoas autoras, que enviarán dous exemplares. Eses exemplares pasarán a formar parte dos fondos documentais dos Museos Científicos coruñeses.

Prisma a artigos xornalísticos

  • Ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado nun medio de comunicación, que se outorgará á persoa autora.
  • Poderán optar ao Prisma os artigos xornalísticos publicados en 2016. Os traballos presentaranse pola propia persoa ou persoas autoras, ou por calquera persoa ou entidade que asegure o consentimento daquelas. Só admitiranse tres artigos como máximo por autor/a.

Prisma a traballos en radio

  • Á mellor peza (noticia, entrevista...) de radio de divulgación científica emitida no ano 2016.
  • Poderán optar ao Prisma a persoa ou persoas autoras de pezas radiofónicas sobre un tema científico ou tecnolóxico, que fosen difundidos por unha emisora de radio ou podcast durante 2016.
  • Os traballos serán orixinais e deberán presentarse nun formato dixital (.mp3 ou .wav).

Prisma especial do xurado

  • Á persoa ou institución galardoada.
  • Poderán ser candidatos as persoas físicas ou xurídicas que se significaron pola súa contribución singular á divulgación científica e que desenvolvan a súa actividade en España.
  • As candidaturas deberán ser propostas por universidades, reais academias, colexios profesionais, organismos e empresas públicas, museos, planetarios, acuarios, xardíns botánicos e zoológicos, centros de investigación, fundacións, medios de comunicación e outras entidades públicas e privadas.

Contacto

Teléfono: (+34) 981 189 846

Internet: www.mc2coruna.org/prismas

Correo electrónico: premios@casaciencias.org