Prorrogado o prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso 2017/2018
Lun, 24/04/2017 - 12:29

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde do 15 de abril de 2017 ao 30 de abril de 2017 prorrógase ata o día 3 de maio de 2017, ambos inclusive, de conformidade co artigo 30.5 da lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.