Bolsas

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Lun, 17/04/2017 - 15:50

De conformidade co establecido no artigo 9 da orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo presentacion da documentacion do 18 abril ao 2 de maio.