Escolarización

Probas Libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2016/2017
Xov, 06/04/2017 - 08:50

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Prazo de solicitude de admisión

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 28 de abril de 2017 ata as 13:00 h.