Máis do 97% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido

Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.323 solicitudes para ese curso, polo que a oferta da Consellería é suficiente

Ven, 31/03/2017 - 10:55

O 97,17 % do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2017/18 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.323 solicitudes para ese curso, 110 máis ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 29.487. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,83 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da súa preferencia.

Sete cidades

No referido ás principais cidades os datos, que se reflicten no seguinte cadro, son moi similares aos da media das 4 provincias galegas.

Concello

Curso 17/18

 

Solicitudes recibidas

Curso 17/18

 

Escolarizados en 1ª opción

A Coruña

1796

1722        95,88 %

Santiago

838

816          97,37 %

Ferrol

425

425          100 %

Lugo

810

760          93,83 %

Ourense

 

803         98,29 %

Pontevedra

751

715          95,21 %

Vigo

2249

2174        96,67 %

Cómpre sinalar, ademais, que a caída da natalidade nos últimos anos en Galicia está a redundar nunha menor entrada de rapaces no sistema educativo cada ano. Non en balde, desde 2008 –ano ata o que os nacementos se foron incrementando- o número de nados vai diminuíndo: desde os 23.175 dese 2008 ata os 19.427 do 2015 (datos do Instituto Galego de Estatística).