Título node Learning object

Tecnociencia2017: Explorando Marte
Mér, 22/03/2017 - 10:25
Logo

Convoca

Concello da Coruña, Museos Científicos coruñeses, Apetega (Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia), Bricolabs e Planetario de Pamplona, e colaboran Liga Nacional de Robótica de Competición e Universidad del País Vasco.

Obxectivo

A través de Tecnociencia distintos museos de ciencia acollen un proxecto de robótica e aprendizaxe-servizo con adolescentes a través da solución tecnolóxica dun reto real e social, que responda a necesidades concretas de algún colectivo cidadán. O obxectivo desta convocatoria é fomentar o interese dos estudantes non universitarios pola tecnoloxía e fomentar a súa vocación científico-tecnolóxica. A primeira edición de 2017 celebrarase en:

  • Planetario de Pamplona.
  • Domus da Coruña, organizado por Museos Científicos Coruñeses, BricoLabs e APETEGA (Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia)

En cada un dos centros participantes convócanse competicións con bases comúns, coa intención de que os estudantes poidan compartir a súas experiencias e coñecementos nun contorno lúdico e participativo. A competición terá dúas probas sobre un mesmo reto, Explorando Marte:

  • Elaboración dun prototipo que dea solución a un reto real dende a filosofía de aprendizaxe-servizo (aprendizajeservicio.net)
  • Unha competición na que os robots deberán superar unha serie de probas relacionadas coa exploración espacial. Esta proba puntuará para a Liga Nacional de Robótica de Competición (lnrc.es) na súa sección de estudantes.

Equipos participantes

Os equipos estarán formados por grupos de estudantes de entre 12 e 18 anos (nados entre 1998 e 2004). Os equipos terán un mínimo de dous e un máximo de cinco integrantes. Cada estudante só poderá formar parte de un equipo. Cada equipo estará coordinado por un profesor titor que poderá coordinar varios equipos.

Ao formalizar a inscrición, cada un dos equipos comprométese a participar no foro que se creará para a competición (https://edu.oshwdem.org) e compartir os seus obxectivos, experiencias e dificultades co resto dos participantes. O equipo terá que participar no foro da competición polo menos para:

  • Presentarse aos demais equipos indicando os seus obxectivos e propostas iniciais.
  • Publicar un enlace a un vídeo de entre 2 e 4 minutos como presentación do seu proxecto científico. Este vídeo deberá estar dispoñible polo menos unha semana antes da final da competición.

Prazo

O prazo de inscrición comeza o 27 de marzo e estará aberto ata o día 11 de abril, ou ata completar o aforamento, o primeiro que ocorra.

Por motivos de aforamento só se poderá acoller un número limitado de asistentes. Nesta ocasión poderase admitir un máximo de 20 equipos.