Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas, especialidades Canto, Clarinete e Percusión

Xov, 23/03/2017 - 08:40

Xúntase o Anuncio do 15 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422).

  • O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia