Axudas de mobilidades para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros públicos que imparten formación profesional – Programa Erasmus+ KA103
Ven, 10/03/2017 - 13:10

Apróbanse as bases reguladoras e convócanse 36 axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros docentes públicos que imparten formación profesional e que forman parte do Consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto ka103 con múltiples beneficiarios no marco do Programa Erasmus+, durante o ano 2017.

Só poderá pedir alumnado de ciclos formativos de grao superior dos seguintes centros:

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro - Ferrol
CIFP Coroso - Ribeira
IES Monte Neme - Carballo
IES Urbano Lugrís – A Coruña
CIFP Politécnico - Santiago
IES A Pontepedriña - Santiago
IES Fraga do Eume - Pontedeume
CIFP Politécnico - Lugo
IES Ricardo Mella - Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade - Vigo
CIFP Manuel Antonio - Vigo
IES Plurilingüe A Paralaia - Moaña

  • O prazo para solicitar as axudas remata o día 25 de marzo de 2017.