Adxudicación provisional do concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos
Mar, 07/03/2017 - 10:15

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos convocado pola Orde do 14 de outubro de 2016

De acordo co establecido na base décimo sexta, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

O prazo, tanto para as reclamacións como para as renuncias, é do día 8 ao 17 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos ós que alude a base décimo primeira, podendo envialas, unha vez rexistradas, a:

Secundaria: Fax 981545484 ou correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

De acordo co establecido na base décimo oitava os profesores que obteñan destino definitivo para o curso 2017/2018 nesta convocatoria, non poderán obter destino no concurso xeral de traslados nin outros que convoque esta Consellería.