Adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2017
Mar, 07/03/2017 - 09:01

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, convocado pola Orde do 27 de outubro de 2016.

Publicación das vacantes provisionais que serán obxecto de cobertura na resolución provisional do concurso de traslados para a súa publicación xunto coa resolución e a nota de prazos.

De acordo co establecido na base vixésimo novena, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

O prazo, tanto para as reclamacións como para as renuncias, é do día 8 ao 17 de marzo, ambos incluídos.

As reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos ós que alude a base vixésima, podendo envialas, unha vez rexistradas, a:

Secundaria: Fax 981545484 ou correo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

PDF icon Orde de 14 de outubro de 2016 (DOG)PDF icon Instrucións aclaratoriasPDF icon Resolución do 8 de novembro: Vacantes provisionaisPDF icon Vacantes provisionais do corpo 555-Inspectores de Educación (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 590-Profesores de ensino secundario (actualizado o 21/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 591-Profesores Técnicos de F.P. (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 592-Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 594-Profesores de Música e Artes Escénicas (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 595-Profesores de Artes Plásticas e Deseño (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 596-Mestres de Taller de Artes Plásticas e Deseño (actualizado o 15/11/2016)PDF icon Vacantes provisionais do corpo 597-Mestres (actualizado o 21/11/2016)PDF icon Resolución do 29 de novembro de 2016 (DOG)PDF icon Vacantes provisionais que serán obxecto de provisión na Resolución Provisional do concurso de trasladosPDF icon Resolución provisional de adxudicación do concurso de traslados secundariaPDF icon Listaxe provisional de excluídos secundariaPDF icon Resolución provisional de adxudicación do concurso de traslados primariaPDF icon Listaxe provisional de adxudicación do concurso de traslados primariaPDF icon Listaxe provisional de excluídos primariaPDF icon Publicación do 24 de abril de 2017 pola que se fan públicas as vacantes definitivasPDF icon Vacantes definitivas que serán obxecto de provisión na resolución definitiva (secundaria)PDF icon Vacantes definitivas que serán obxecto de provisión na resolución definitiva (primaria)PDF icon Resolución do 2 de maio de 2017:Resolución definitiva da adxudicación do concurso de traslados secundaria (DOG)PDF icon Resolución do 16 de maio de 2017: Resolución definitiva da adxudicación do concurso de traslados primaria(DOG)PDF icon Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo