Apertura de prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de Grego, Latín, Sistemas electrónicos e Sistemas electrotécnicos e automáticos, Instalacións electrotécnicas, Máquinas servizos e produción, Oficina e proxectos..
Xov, 23/02/2017 - 08:45

Anuncio do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.

  • O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia