Bolsas

Listaxe de persoas que van realizar a estadía asociada á convocatoria de axudas predoutorais 2015 (2016)
Xov, 09/02/2017 - 12:21

De acordo co artigo 6.2 da Orde do 17 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo de 2016), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, a Secretaría Xeral de Universidades publica a relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da citada orde de convocatoria. Así mesmo, publícase a relación de persoas que tiñan concedida unha estadía pero que non a van realizar polos motivos que se indican en cada caso.