Título node Learning object

XI concurso fotografía Como T vistes, como T ves?
Ven, 27/01/2017 - 13:20
Cartel concurso fotografía

Período de inscrición

Do 22/11/2016 ao 07/04/2017

Información

O obxectivo principal deste concurso é que os/as adolescentes reflictan nunha imaxe a súa relación coa indumentaria.

Proponse unha temática específica, "Personalidade e afeccións. A música". Para participar, requírese unha imaxe e un texto nos que as persoas candidatas reflexionen sobre a súa personalidade a través da moda e o seu vínculo co mundo musical. A imaxe pode ser analóxica ou dixital.

 

Participación

  • Instagram: desde o seu perfil, as persoas participantes publican a imaxe coa que queren participar indicando o hashgtag #ComoTvistes2016 e nomeando tamén ao Museo con @museodeltraje.
  • Correo electrónico: coa foto e o seu texto a concursos.mt@mecd.es.
  • Envío postal certificado: coa foto e o seu texto, á dirección que indican as bases.

Convoca

Museo do Traxe.

Requisitos

Mozos de entre 12 e 18 anos.

Dotación

O xurado do concurso seleccionará dúas fotografías como gañadoras do premio do xurado e concederá un premio a senllos/as autores/as. Ademais, o Premio Especial do Público será elixido por votación dos visitantes nas urnas do Museo do Traxe durante o mes de abril de 2017. Cada asistente poderá votar un máximo de tres fotografías.