Bolsas

Convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Ven, 27/01/2017 - 09:11

Xúntase a Orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2017.