Título node Learning object

A miña científica favorita - Concurso
Mar, 24/01/2017 - 10:24
Logo Instituto Ciencias Matemáticas

Convoca

Real Sociedade Española de Matemáticas (RSME).

 

Destinatarios/as

Alumnado de 5º e de 6º de primaria.

Prazo

A data límite para recepción de solicitudes será o 27 de xaneiro de 2017.

Requisitos

O concurso abrirase aos primeiros 25 centros que se inscriban para participar.

Cada un dos centros participantes poderá presentar un máximo de tres traballos por curso.

Cada traballo debe estar dedicado á contribución dalgunha científica, e pode ser un póster, un cómic, un debuxo con algo de texto, unha colaxe, ou calquera outra forma artística a través da cal se exprese a importancia da contribución do personaxe escollido.

Envío

Os traballos definitivos deberán ser enviados antes do 6 de abril de 2017 preferiblemente en formato electrónico a communication@icmat.es.